Saturday 27 de April de 2024

Charla sobre o Bono Social Eléctrico


Os fogares con menos recursos económicos teñen a opción de obter unha tarifa eléctrica máis barata por medio do denominado Bono Social Eléctrico, que se tramita perante a empresa subministradora sempre que se cumpran os requisitos para a súa obtención. O bono non é algo novo, pero si as condicións para acceder a el. De feito, o cambio normativo introducido en outubro polo Goberno do Estado obriga a volver solicitalo no caso de que se estivese disfrutando da bonificación ata este momento.

Entre as novidades para obter o desconto do 25% na factura da luz está a de que só se poderá aplicar na vivenda habitual, a posibilidade de ter unha potencia contratada igual ou inferior a 10 kW -antes o tope eran 3 kW- e os tramos de renda que deberán cumprir as familias beneficiarias: 798€ mensuais como máximo para fogares sen fillos ou fillas, 1.065€ no caso de que haxa un ou unha menor a cargo e 1.331€ de ingresos máximos se hai dous menores a cargo. Tamén poderán acceder as familias numerosas.

Para aclarar todo o novo ou informar sobre os criterios de concesión do bono, o Concello e maila Fundación Axencia Enerxética da Provincia da Coruña -FAEPAC- organizaron unha charla na que, ademais, tamén se explicará con todo detalle en que consiste o desconto e como se solicita.

Data: xoves 26 de abril
Hora: 19.00h.
Lugar: Local social do Pereiro